Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

9:20 horas / 10:15 horas / 11:20 horas / 12:30 horas (Praza Maior) Con motivo do Día Mundial da Auga, o Concello de Ourense (a través da Concellería de Educación) en colaboración con Viaqua, organizan obradoiros con escolares de Secundaria sobre "augas residuais". Acudirán alumnos do IES Otero Pedrayo e do CPR Cardenal Cisneros. Ás 11:00 horas visitan os obradoiros a concelleira Belén Iglesias e o xefe territorial de Viaqua, Julio Masid.

 

10:30 horas (La Molinera). O alcalde, Jesús Vázquez, participa na inauguración da Xornada de Oportunidades de Financiación e Apoio Empresarial á Innovación do Centro Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI). Asiste tamén o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar.

 

12:15 horas (Centro Cultural Marcos Valcárcel). O alcalde, Jesús Vázquez, asiste ao acto conmemorativo con motivo do Día da Auga e entrega de premios aos escolares gañadores no concurso "Olladas cara o Miño" (de debuxo e redacción) da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.