Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10:30 horas. Academia Postal (rúa Reza). A concelleira de Asuntos Sociais visita a Academia Postal, onde se imparten os cursos: Competencias clave 2 e Atención sociosanitaria en institucións.Trátase de cursos de inserción socio-laboral para persoas paradas de longa duración que teñen como finalidade a de potenciar políticas activas de emprego para coletivos desfavorecidos.

 

11:00 horas. Aula de Formación do Campo da Feira. Entrega de Diplomas aos alumnos participantes do Obradoiro de Emprego. Asisten: o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; os concelleiros de Turismo - Termalismo e de Medio Ambiente e Infraestruturas, Jorge Pumar e José Araújo respectivamente; o director xeral de Orientación e Promoción, Alfonso Marnotes; e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz.
Logo da entrega dos diplomas, realizarase unha visita á ribeira termal e prantarase unha árbore (en torno ás 11:30 horas).

 

12:00 horas. Sala Valente. A concelleira de Igualdade, Sofía Godoy, asiste á presentación do Cocido Orgullo (LGTBI) de Lalín.

 

20:30 horas. As Burgas iluminaranse de cor azul na tarde - noite do martes 21 de marzo de 2017, a petición de Down Galicia.