Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10:00 horas e 12:00 horas (Auditorio Municipal). Paxaro Amigo: Músicas para a paz. Mamá Cabra.

Sinopse: Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a paz. De feito, a paz prodúcelle proídos por todo o corpo desde o cocote ata a punta do pé. Discordia goza facendo que todos os animais, e os humanos, se leven mal. E come olivas como unha tola... Menos mal que ten unha curmá fada... pois xa se sabe que na familia hai de todo. Un día vai acontecer algo que cambiará o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre.
Unha proposta cargada de mensaxes que inciden en construír un mundo mellor e máis xusto.

 

11:00 horas (Auditorio. Sala Vermella). Presentación do cabaret "The Hole", espectáculo que recalará en Ourense. Asisten: a concelleira de Cultura, Belén Iglesias; o técnico municipal Manuel Freire; e artistas do Elenco, que farán unha performance ao vivo.

 

12:00 horas (Salón de Plenos). Rolda de prensa de presentación do Campionato Galego de Kick Boxing. Asisten: o alcalde, Jesús Vázquez; o concelleiro de Deportes, Mario Guede; e Manuel Míguez.

 

20:00 horas (Museo das Peregrinacións de Santiago. Praza das Praterías). O alcalde, Jesús Vázquez, asiste á inauguración da exposición "Na procura do pasado. Orixe e desenvolvemento da arqueoloxía en Ourense".

 

20:30 horas (Biblioteca Pública). Proxección de 'Os Fenómenos', de Alfonso Zarauza. Último dos actos do #8deMarzo, Día Internacional das Mulleres, promovido pola Concellería de Igualdade. Asiste o director da película e a concelleira de Igualdade, Sofía Godoy. Colabora, Cineclube Padre Feijoo.