Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

08:30 horas (Sala de Xuntas da Alcaldía. Só gráficos). Xunta de Goberno Local.

 

 

10:00 horas (Salón de Plenos). Rolda de prensa para informar dos asuntos da Xunta de Goberno Local.

 

11:00 horas (Salón de Plenos). Recepción do alcalde, Jesús Vázquez, aos alumnos participantes no curso de Animación Creativa á Lectura e Escritura para Maiores, dentro do Programa de Envellecemento Activo do Concello de Ourense.

 

11:30 horas (Auditorio Municipal). Presentación das actividades programadas no Auditorio Municipal para os meses de marzo e abril. Asisten: a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, e o técnico municipal Manuel Freire.

 

12:00 horas (Rúa do Paseo) O alcalde, Jesús Vázquez, e a concelleira de Sanidade, Sofía Godoy, visitan a carpa de Alcer Ourense con motivo do Día Mundial do Ril.

 

 

19:00 horas (La Molinera). Taller de argumentación e debate, dentro dos “Xoves Inspiradores”. Con Aida González, campioa mundial de debate universitario en español.

 

20:30 horas (Auditorio Municipal). “Romeo y Julieta de bolsillo”, de Emilia Yagüe Producciones.

Sala Principal. 60 minutos. +12 anos. Entradas: 5 euros anticipada en www.ataquilla.com, 6 euros na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

 

20:30 horas (Café Plaza). Charla coloquio “Vivencias: superando o insuperable”, cos ponentes: Laura Jones, Mónica Fernández Pintos e Natalia Sanchidrian. Haberá actuación musical de Daniel Minimalia.

Actividade dentro da campaña “Móllate pola Igualdade. A diversidade e os coidados non teñen xénero”, do Concello de Ourense con motivo do Día Internacional da Muller.