Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

09:00 horas (Salón de Plenos). Recepción dos participantes do Reino Unido no programa Erasmus+. En total son 21 participante de Londres e 20 participantes de Ourense. Entre os asistentes estarán presentes o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; a concelleira de Xuventude, Sofía Godoy e as persoas representantes dos organismos colaboradores (CEO, AJE, Lanzadera de Emprego, etc..)

 

11:00 horas (Praza de Covadonga). O alcalde, Jesús Vázquez, acompaña á conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, na visita ao inicio das obras que acomete a Xunta na Praza de Covadonga.

 

12:30 horas (Salón de Plenos). Rolda de prensa da concelleira de Igualdade, Sofía Godoy, e dos responsables de BeOne, sobre acción conxunta con motivo do Día da Muller.

 

12:45 horas (Rúa dos Teceláns, nº 5). O alcalde, Jesús Vázquez, asiste á sinatura dun acordo de adhesión entre a Consellería de Política Social e o Grupo Cuevas.

 

20:00 horas (Praza Maior). O alcalde e membros da Corporación asisten á Concentración contra a Violencia de Xénero que convoca cada primeiro luns de mes o Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM)