Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

12:00 horas (Auditorio Municipal). Teatro Infantil Iriña-Bailariña.  Ghazafelhos.

Un pirata,un xogador de futbolín,unha bailarina de caixiña de música e un único desexo: xogar sen límites para medrar sen "medidas". Ghazafelhos e María Canosa propóñennos reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais.

19:00 horas (Teatro Principal). Pórtico do Paraíso. Haroni Dúo

Extractos de obras de Saint-Saëns, Prokófiev, Khachaturian, Elgar, Chopin e improvisacións servirán de banda sonora á película de Charles Chaplin The Kid (El niño).

Bishara Haroni estudiou piano na Hochschule für Musik und Theater de Hannover (Alemania). Como solista tocou en numerosos países, colaborou con prestixiosas orquestras como a Filarmónica de Londres e ten sido dirixido por grandes directores como Lorin Maazel, Zubin Metah e Daniel Barenboim. Adi Haroni é violinista e actriz. Aunar ambas facetas profesionais permitiulle tocar e actuar en varias obras de teatro musical en Alemania, en lugares como a sala Schaubühne de Berlín e os teatros Vorpommern, Greifswald, Stralsund e Putbus.