Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

19:30 horas (Colexiata de Santa María. Xunqueira de Ambía). Pórtico do Paraíso - Gentlemen Singers.

O ensemble vocal Gentlemen Singers é o único octeto vocal masculino profesional da República Checa. O grupo gañou varias competicións internacionais e de seguido forma parte da programación dos festivais máis prestixiosos do mundo, dende os Estados Unidos a Corea do Sul. Ofreceu máis de 500 concertos en veintitrés países de catro continentes e ten editados sete CD's dende a súa formación en 2003.

 

20:00 horas (Auditorio Municipal). Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre en concerto.

Logo dun ano de xira e galardóns... mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente (2016) e mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Códax da Música Galega (2016), e mesmo manterse no top ten da World Music Charts Europe nos meses de febreiro e marzo de 2016. Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre chegan a Ourense.