Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

08:30 horasSala de xuntas da alcaldía. Só gráficos. Xunta de goberno local.

 

10:00 horas. Salón de plenos. Rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados na xunta de goberno local.

 

12:00 horas. Praza Maior. Xoves de Comadres. Participarán 184 alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º curso de Educación Primaria de 5 centros de ensino da cidade, os CEIP Albino Núñez, Virxe de Covadonga, Seixalbo, Manuel Sueiro e Manuel Luís Acuña. No Xoves de Comadres serán os nenos os que teñan que levar as súas comadres e escaparán das nenas, que quererán arrebatárllelas. Monitores especializados dinamizarán o evento no que haberá música, loitas e regueifas para dar comezo ao Entroido 2017.

 

19:00 horas. La Molinera. Obradoiro de argumentación e debate a cargo da ourensá Aida González, campioa do mundo de Debate Universitario en español 2016.
As persoas participantes aprenderán as dinámicas do debate, a extrapolar as habilidades adquiridas mediante a súa práctica e a convertelas en competencias básicas transversais aplicables a calquera outro ámbito. Serán 4 sesións, cada 15 días, ata o 6 de abril. O obradoiro conta con 25 prazas, as inscricións son a través da páxina web www.lamolinera.net. Entrada gratuíta.