Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

09:00 horas. CEIP Manuel Luís Acuña. Obradoiro organizado pola Concelleria de Educación para divulgar o Entroido dun xeito lúdico e pedagóxico nos centros de educación primaria. Ás 10:00 horas, a concelleira Belén Iglesias visitará o colexio.

 

11:30 horas. CEE Miño. Obradoiro organizado pola Concelleria de Educación para divulgar o Entroido dun xeito lúdico e pedagóxico nos centros da cidade.

 

18:00 horas. Fábrica Nacional de Moneda e Timbre, Madrid. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asiste ao VI Congreso Innovación no Sector Público, "Transformación dixital ao servizo das persoas". Moderará unha mesa redonda.

 

18:00 horas. BPM de San Francisco. Os alumnos de Animación á Lectura e as súas nais/pais irán disfrazados con traxes feitos por eles mesmos ao longo do mes de febreiro con material de refugallo.