Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

09:00 horas. CEIP Prácticas. Obradoiro de compadres e comadres organizado pola Concellería de Educación. (Ata as 13:30 horas).

 

09:30 horas. La Molinera. Segunda sornada da Semana Europea do Emprendemento, dedicada ás novas canles para a empregabilidade e o emprendemento. (toda a información en www.lamolinera.net)

 

09:45 horas. Salón Nobre do Liceo. 101 alumnos de 5º curso de Educación Primaria (11 anos) de 4 colexios da cidade participan no Programa de animación á lectura da Concellería de Educación 'Encontros co Autor', no que analizan a obra Bala Perdida, de Manuel Rivas.

 

10:45 horas. Aula da Natureza. Charla sobre apicultura para alumnos de 1º de ESO da Universidade Popular a cargo da asociación Abella Lupa.

 

11:00 horas. Pavillón de Os Remedios. Presentación da andaina solidaria do OurenseCF a favor de Cruz Vermella.

 

11:30 horas. Salón Nobre do Liceo. 122 alumnos de 5º curso de Educación Primaria (11 anos) de 4 colexios da cidade participan no Programa de animación á lectura da Concellería de Educación 'Encontros co Autor', no que analizan a obra Bala Perdida, de Manuel Rivas.

 

12:00 horas. CEIP O Couto. A asociación cultural “Amigos da Pita” imparte unha charla sobre a orixe desta festa e repartirá 30 olas para o pintado e exposición das mesmas.

 

14:00 horas. La Molinera. Acto de clausura da Semana Europea do Emprendemento.