Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

08:30 horas (Sala de Xuntas da Alcaldía. Só gráficos). Xunta de Goberno Local

 

10:00 horas (Salón de Plenos). Rolda de prensa para informar dos asuntos da Xunta de Goberno Local.

 

10:30 horas (Centro de Información Municipal ás Mulleres. Sólo gráficos). Comisión Municipal de Violencia de Xénero. Asisten a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, e a concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy.

 

11:00 horas (Sala Valente). Presentación do mural "Cacería" de Prego de Oliver. Asiste o alcalde, Jesús Vázquez; a concelleira de Cultura, Belén Iglesias; a directora de espazos expositivos do Concello, Eva Torres; e Natalia Figueiras e Nieves Gómez, restauradoras.

 

12:00 horas (Seminario Menor). Charla “Castiñeiro: máis que unha froita”. Conferencia para coñecer o castiñeiro, os seus froitos, a súa madeira e usos, impartida por Manuel López. A parte práctica consistirá en facer un cupcake de castañas con chocolate. Participan 61 alumnos de 1º e 2º de ESO.

 

17:00 horas (rúa Dalí). O alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo, visitan a rúa Dalí.

 

18:00 horas (Asociación de Viúvas María Andrea. Progreso, 91 local 14-15). O alcalde, Jesús Vázquez, e a concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, visitan a Asociación de Viúvas María Andrea.

 

19:00 horas (Fundación San Rosendo). O alcalde, Jesús Vázquez, asiste á conferencia “Retos del Alzheimer”.

 

20:00 horas. Centro Cívico de A Ponte. Que podo facer ante unha cláusula chan? Xornada informativa en Ourense baixo co obxectivo de axudar á cidadanía a despexar as súas dúbidas sobre as cláusulas chan e o impacto que a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea terá sobre a devolución dos importes cobrados indebidamente. Asiste a concelleira de Asuntos Sociais de Ourense, Sofía Godoy.

 

20:00 horas. Sala Valente. "Prego e a súa primeira pintura mural, restauración da súa obra Cacería". Natalia Figueiras e Xabier Limia Gardón.