Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10:00 horas (Piscina Rosario Dueñas) Segunda xornada do Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo, no que competirán once equipos: Pontevedra, Sanxenxo, A Estrada, Vilagarcía, Umia (Caldas de Reis), Arteixo, Laracha, Cerceda, Sada, Carballo e Salvamento Ourense Salvour como equipo anfitrión e coorganizador coa Federación Galega. A entrada ás instalacións será aberta e de balde. Haberá catro competicións: xuvenil, junior, absoluto e máster.

 

10:00 a 18:00 horas (Parque de Montealegre) Segunda xornada da I Exposición de Camelias do Parque de Montealegre, organizada polo Concello e a Asociación Ibérica da Camelia.

Acolle tamén dous obradoiros prácticos:

Camelia en mosaico”,  de 11:00 a 13:00 horas, e “Camelia en esmaltado”, de 11:00 a 14:00 horas.

 

12:00 horas (Auditorio) Programación infantil: Titeres Alacran representa “Mr Pancho e a última función. Para nenos de máis de 5 anos, esta obra de monicreques relata o devir dun histórico teatro, que despois de toda unha vida de espectáculo vese obrigado a pechar as súas portas. Aproveitando a súa inminente caída, aparece o diaño, co obxectivo de montar no seu lugar un negocio.

 

13:00 horas (Expourense). O alcalde, Jesús Vázquez, asiste á clausura de Xantar.

 

19:00 horas (Auditorio) Concerto de clausura de Ourencanto: I Encontro de coros infantís, xuvenís e coros escolares. Esta é unha iniciativa para achegar o fermoso mundo do canto coral á mocidade de Ourense, de 8 a 18 anos. Estará dirixido polo recoñecido director e compositor Josu Elberdin. Neste concerto de clausura participarán todos os grupos e mozos e mozas inscritos.