Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10:00 horas (Piscina Rosario Dueñas) A piscina Rosario Dueñas acolle esta fin de semana o Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo, no que competirán once equipos: Pontevedra, Sanxenxo, A Estrada, Vilagarcía, Umia (Caldas de Reis), Arteixo, Laracha, Cerceda, Sada, Carballo e Salvamento Ourense Salvour como equipo anfitrión e coorganizador coa Federación Galega. A estrada ás instalacións será aberta e de balde. Haberá catro competicións: xuvenil, junior, absoluto e máster.

 

12:30 horas (Parque de Montealegre) Apertura da I Exposición de Camelias do Parque de Montealegre, organizada polo Concello e a Asociación Ibérica da Camelia. Asisten o alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo.

A exposición abrirá as súas portas o sábado, e poderá ser visitada de 12:30 a 18:00 horas o primeiro día, e de 10:00 a 18:00 horas o domingo.

Ao longo da fin de semana desenvolveranse tamén dous obradoiros prácticos:

Camelia en mosaico”, sábado, 4, de 16 a 18 horas e o domingo de 11:00 a 13:00 horas, e “Camelia en esmaltado”, o domingo, día 5, de 11:00 a 14:00 horas.

 

12:30 horas (Estación Termal de Outariz) O concelleiro de Turismo e Termalismo, Jorge Pumar, recibe os 18 bloggers que participan en Xantar na Estación Termal de Outariz.