Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

09:00 horasSalón de Plenos. Pleno ordinario do Concello de Ourense.

 

 

18:00 e 19:00 horas. Auditorio. 4 Tempos, de teatro do Miolo. 0/4 anos.

Sinopse: Poética e divertida viaxe escénica a través das distintas estacións do ano. Espectáculo pensado para os máis pequenos a través de elementos moi sinxelos para que participen nos grandes cambios e transformacións que se producen no inverno, outono, primavera e verán.

 

19:00 horas. Galería Visol. O alcalde, Jesús Vázquez, asiste á inauguración da exposición de Fernando Barreira.

 

20:30 horas. Auditorio. Voaxa e Carmín, de Eme2. Con Mabel Rivera e Belén Constenla.

Sinopse: Maruxa e Coralia saen da casa, como cada día, maquilladas ate a extenuación e vestidas a toda cor dispostas a dar o seu habitual paseo das dúas polas rúas de Compostela. Pasear, saudar, mercar Sansón e galletas María, piropear os mozos, insultar as mozas... Voaxa e Carmín é unha comedia terrorífica que dá voz a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, coñecidas como As Marías de Santiago de Compostela.