Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

08:30 horas. Sala de xuntas da alcaldía. Só Gráficos. Xunta de goberno local.

 

09:45 horas (Aula da Natureza de Oira) Charla de Apicultura á que asisten alumnos do CEIP O Couto

Descrición: Charlas levadas por un apicultor profesional, traballos e actividades en grupo, onde se explicará a importancia das abellas no mundo e as consecuencias da súa posible desaparición. Apicultura Tradicional. Apis (abella) e Cultura (cultivo). A apicultura tradicional trata das relacións do home coas abellas e de como conseguiron obter os froitos do seu traballo: o mel e a cera.

 

10:00 horas. Salón de Plenos. Rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados na xunta de goberno local.

 

10:30 e 12:00 horas. Auditorio Municipal. Representación para escolares de Cousas, por teatro Os Quinquilláns.

 

11:00 horas. Salón de plenos. Presentación do Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo. Asisten o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o concelleiro de Deportes, Mario Guede; a presidenta da FESSGA, Nuria Rodríguez; e o presidente do club Salvour, José Manuel Paredes.

 

12:00 horas. Salón de Plenos. Recepción ás Cofrarías Gastronómicas e Enófilas internacionais presentes en Xantar. Asiste o alcalde, Jesús Vázquez.

 

13:00 horas. Centro Cultural Marcos Valcárcel. O alcalde, Jesús Vázquez, asiste ao acto de sinatura do convenio do “Plan Activamos – Transforma Ourense” 2017 entre a Deputación de Ourense e Abanca, así como o balance do Plan do ano anterior.

 

16:30 horas. Liceo de Ourense. Segunda xornada das tertulias literarias en galego, coa participación de 170 escolares de dez centros da provincia e 16 profesores. Analizan o libro 'As horas roubadas', de María Solar.

 

17:00 horas. Museo Municipal. O alcalde, Jesús Vázquez, visita as obras de instalación dun ascensor no Museo Municipal.