Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

08.30 horas. Sala de Xuntas da Alcaldía. Só gráficos. Xunta de goberno local.

 

10.00 horas. Salón de Plenos. Rolda de prensa para dar conta dos asuntos abordados na xunta de goberno local.

 

11.00 horas. Confederación Empresarial de Ourense. A concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, asiste ao acto do CONBORUMBO, programa para o fomento da inclusión social para o acceso e a permanencia no mercado laboral, destinado a persoas en exclusión social ou en risco de sufrila, e que xorde da colaboración entre a Confederación Empresarial de Ourense e Concello de Ourense, e conta co financiamento do Fondo Social Europeo a través da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. 

 

16.30 horas. FITUR - Madrid. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, participa na presentación da edición 2017 de Termatalia en FITUR.

 

18.00 horas. Pavillón I do Campus Universitario. Seminario de Inglés (1ª andar). A concelleira de Educación asiste ao comezo do Curso de Mindfulness para profesorado: práctica da atención plena, incluído no programa educativo Cursos de Formación para o Profesorado que organiza a Concellería de Educación.


20.30 horas. Teatro Principal. Gala Musical e Poética 'Plántale cara', a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. Asistirán os concelleiros de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, Medio Ambiente, José Araújo, e Educación, Belén Iglesias.