Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

12:00 horas (Auditorio). Concerto Singular, de Píscore

Píscore son catro prestixiosos músicos en fronte a un gran conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Catro músicos dispostos a facela sonar do xeito máis orixinal e sorprendente. Organizarse xa non vai ser tan sinxelo.


Píscore achega a mellor música e moito humor para un Concerto Singular nunha proposta que enmarcase na liña dos grandes espectáculos que misturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual. Un espectáculo de vocación universal que fará rir e desfrutar ao público de todas as idades apelando ao máis clásico do humor e do sketch musical.