Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Vintedous nenos e nenas de entre 7 e 12 anos de idade participaron na actividade Superminichef Nadal 2016, organizada pola Concellería de Xuventude do Concello de Ourense. Esta mañá tivo lugar a terceira e última sesión, na que os aprendices de cociñeiros tiveron a oportunidade de aprender a elaborar pizzas e postres de chocolate, e recibiron os diplomas e delantais en recoñecemento da súa participación.

O curso foi impartido polos chefs Luis Hermida e Noemí, e tivo lugar na Aula Municipal de Cociña sita nas Lagoas, co patrocinio de The singular kitchen. Esta actividade forma parte do programa de actividades de Nadal “Ourense con luz propia”, que desenvolve o Concello con máis de duascentas propostas lúdicas, culturais e de lecer para persoas de todas as idades.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.