Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Jesús Vázquez, alcalde do Concello de Ourense; Dª. María Jesús Piñeiro, directora de institucións de CaixaBank en Galicia; e Julio Masid Bande, director de Viaqua en Galicia, presentaron hoxe a exposición ¡H2Oh! Os segredos da auga da túa cidade, unha mostra itinerante que pretende concienciar sobre o uso deste recurso tan prezado e, a súa vez, tan escaso.Esta mostra, comisariada por Sergi Romeu, estrutúrase en tres grandes eidos: «Auga, elixir da vida», «Auga na cidade » e «Auga sostible».

Auga, elixir da vida

No primeiro eido preséntanse as excepcionais propiedades físicas da auga líquida, así como a íntima relación existente entre este composto único e todos os seres vivos, incluídos os humanos.

A Terra ofrece unhas condicións idóneas que fan posible a vida nela, e, entre estas, ocupa un lugar destacado a presenza de auga líquida na súa superficie. Grazas a iso e as extraordinarias propiedades físicas da auga, existimos.

Todos os seres da biosfera son basicamente auga, e nós non somos ningunha excepción. Con todo, os seres humanos non necesitamos a auga solo para vivir, senón tamén para crecer e prosperar. A historia da nosa civilización vai estreitamente ligada aos esforzos para provernos de auga doce, un recurso prezado e menos abundante do que podería parecer a simple vista.

Neste primeiro eido, o público poderá descubrir que ten de especial a auga líquida, de canta dispoñemos e como se distribúe no noso planeta. E entenderemos por que dicimos que a auga é o «elixir da vida».

Auga na cidade

Abastecer de auga potable a unha cidade supón un gran reto. O obxectivo é garantir un fornecemento adecuado para cubrir ás necesidades da poboación, mediante unha xestión eficiente e sostible deste recurso. Neste ámbito mostrase o ciclo urbano da auga, é dicir, o camiño que percorre a auga destinada ao abastecemento humano, desde o punto de captación ata que regresa ao medio unha vez utilizada, pasando polas fases de potabilización, distribución, depuración de augas residuais e retorno ao medio natural ou reutilización.

Un xogo interactivo converteranos en xestores de auga nunha cidade imaxinaria. Ao ir pasando polas distintas fases do ciclo urbano da auga, proporán diferentes retos que deberemos superar para asegurar unha distribución adecuada da auga potable.

Poderemos alcanzar os niveis esixidos de eficiencia e sostibilidade?. Obteremos a satisfacción dos nosos concidadáns?

Auga sostible

O terceiro e derradeiro eido presenta os retos que o século XXI trasládanos en canto ao abastecemento de auga potable no entorno urbano, e amósanos como o uso responsable da auga pode propiciar un futuro mellor para todos.

Segundo Nacións Unidas, o abastecemento de auga potable é un dereito fundamental dos seres humanos. Actualmente, e por primeira vez na historia, a maior parte da humanidade vive nas cidades, e todo indica que esta tendencia irá incrementándose ao longo deste século. Por iso, a xestión sostible e eficiente da auga no eido urbano é máis importante que nunca e aínda o será máis no futuro.

Actividade paralela: ¡H2Oh!, o Xogo en liña

En paralelo á exposición, produciuse un xogo en liña que permite a calquera persoa converterse en xestor de auga nunha cidade imaxinaria. Con este xogo, de estrutura xeral similar ao famoso SimCity, os usuarios deberán construír a infraestrutura requirida para asegurar un abastecemento adecuado da auga a medida que a cidade vaia medrando. Ademais, deberán facer fronte a distintos retos técnicos e medioambientais, así como satisfacer as peticións que a poboación lles vaia solicitando, ao tempo que o xogo progresa. Os obxectivos finais consisten en lograr que a cidade prospere e en obter a máxima satisfacción dos seus habitantes, mediante unha xestión eficiente e sostible da auga.

Ademais, se os usuarios visitan á exposición, poderán acceder a un nivel suplementario do xogo introducindo un código que se lles proporcionará á entrada da mostra.

Para acceder ao xogo, basta con enlazar coa seguinte dirección web: www.H2Oh-expo.com

Información adicional

  • ¡H2Oh! Los secretos del agua de tu ciudad
  • Do 10 de outubro ao 9 de novembro de 2017
  • Xardín do Posío: Ourense
  • Horario: de luns a venres, de 12.30 a 14 h e de 17 a 21 h
  • Sábados, domingos e festivos, de 11 a 14 y de 17 a 21 h
  • Visitas escolares: con cita previa en el tel. 902 906 666
  • Visitas guiadas: de luns a venres, ás 19 h; sábados, domingos e festivos, ás 12 h e ás 19 h

 

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.