Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Xuventude, ten aberto o prazo de inscrición de dous obradoiros dirixidos aos mozos e mozas da nosa cidade, que teñen como obxectivo ensinar técnicas de motivación para afrontar o futuro, dun xeito lúdico e en contacto co medio natural

Os obradoiros que teñen aberto prazo de inscrición son os seguintes:

  • Taller de Coaching para o teu desenvolvemento persoal
  • Taller Teambuilding con paintball

Os lugares de realización serán:

  • Castro San Tomé
  • Instalaciones de Lakatos Paintball, ubicado en el concello de Seixalvo, junto a San Cibrao das viñas a 7 km de Ourense

 

Dirixidos a maiores de 16 anos

Nº de participantes: 20 mozos e mozas

Nos dous obradoiros inclúese o desprazamento e a comida.

Inscricións:

  • Na Concellería de Xuventude
  • Praza de San Martiño nº 2 baixo dereita e no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Máis info: 988 38 81 54

TALLER DE COACHING PARA O TEU DESENVOLVEMENTO PERSOAL:

  • Obxectivo xeral: Como mellorar o noso proxecto como emprendedores a través do coaching.
  • Modalidade: Presencial en formato Outdoor.
  • Lugar de impartición: Castro Santomé
  • Data, duración e horarios: venres 21 de xullo horario de 10,00 a 19:30 (8 h)

Ofrecerase aos participantes unha bolsa picnic.

Un autobus desprazará aos participantes dende o centro da cidade

Metodoloxía:

A metodoloxía será práctica participativa e dinámic. Potenciarase o aprendizaxe significativo, que se basa nas experiencias e coñecementos dos participantes, os cales serán os protagonistas da formación.

Usarán diversas metodoloxías pedagóxicas incluíndo técnicas de coaching de equipos e dinámicas grupais, actividades de outdoor.

Cada dinámica irá acompañada dun traballo previo e unha conclusión e transferencia que permitirá identificar os aspectos claves, o aprendizaxe e a sua aplicación na sua volta ao traballo diario.

Programa:

  1. Posicionándote: Orixe e destino
  2. Marcando o teu obxectivo
  3. Decida a Ruta: ¿A dónde e cómo?
  4. ¿Cómo vas a viaxar?
  5. ¿Estado das estradas? Obstáculos
  6. Mantente no camiño

Ás 09:45 un microbús recollerá aos participantes no Parque de San Lárazo ata o Castro, con regreso ó remate da actividade

TALLER TEAMBUILDING CON PAINTBALL:

  • Obxectivo xeral: Mellorar a capacidade de traballo en equipo dos participantes, dotándoos de ferramentas que lle permitan alcanzar unha elevada eficiencia nun ambiente laboral satisfactorio.
  • Modalidad: Presencial en formato Outdoor.
  • Lugar de impartición: La formación tendrá lugar en las instalaciones de Lakatos Paintball, ubicado en el concello de Seixalvo, junto a San Cibrao das viñas a 7 km de Ourense.
  • Fecha, duración y horarios: Sabado 19 de agosto horario de 10,00 a 19:30 (8 h)

Ofreceráse aos participantes unha bolsa picnic.

Un autobus desprazara aos participantes desde o centro da cidade

Metodoloxía:

A metodoloxía será práctica participativa e dinámica

Potenciarase o aprendizaxe significativo, que se basa nas experiencias e coñecementos dos participantes, os cales serán os protagonistas da formación.

Usaran diversas metodoloxías pedagóxicas incluíndo técnicas de coaching de equipos e dinámicas grupais, actividades de outdoor.

Cada dinámica irá acompañada dun traballo previo y una conclusión e transferencia que permitirá identificar os aspectos claves, o aprendizaxe e a sua aplicación na sua volta ao traballo diario.

Programa:

  1. Presentación 2.- Team Building – Xenerando sinerxias
  2. Resolvendo desafios- Comunicación e Negociación
  3. Liderando e delegando
  4. Fixando obxectivos.- Estratexias de cooperación
  5. Conclusións: ¿Qué nos levamos a casa?
  6. Transferencia e peche

Ás 09:45 un microbús recollerá aos participantes no Parque de San Lárazo ata o lugar da actividade, con regreso ó remate da mesma.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.