Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

A Xunta de Galicia financiará con preto de 1,8 millóns de euros 9 Áreas de Rehabilitación Integral (ARI, antigas ARRU) declaradas en 6 concellos da provincia de Ourense. No caso do Concello de Ourense, serán un total de 1.383.739,19 euros para repartir entre as catro áreas existentes na nosa cidade. Os fondos repártense en función das solicitudes presentadas pola administración local, e son achegados polo Ministerio de Fomento e polo IGVS.

Unha vez comunicados os fondos do reparto correspondente aos obxectivos de 2017, os concellos deberán comunicar ao IGVS as actuacións previstas, presentando a documentación acreditativa. No caso de concellos que dispoñen de máis dunha ARI declarada no seu ámbito, como é o caso do da cidade de Ourense, será a propia administración municipal a encargada de realizar o reparto dos fondos entre as mesmas. O concello de Ourense actualmente ten declaradas catro Áreas de Rehabilitación Integral: Seixalbo, Casco histórico, Polvorín-Camelias-A Carballeira e Serra San Mamede-Cruceiro Quebrado-A Inmaculada.

O Concello de Ourense será o encargado de regular os prazos para a presentación de solicitudes por parte dos propietarios de vivendas interesados na súa rehabilitación.

Os beneficiarios finais dos fondos repartidos serán os propietarios de vivendas e edificios de vivendas emprazados no ámbito das Áreas de Rehabilitación Integral, que recibirán axudas a fondo perdido para as actuacións de rehabilitación que realicen. Tamén se poderán beneficiar das axudas os propios concellos para a realización de actuacións de urbanización e reurbanización no ámbito das ARI. Ademais, a Xunta, con fondos propios, financia as oficinas de rehabilitación municipais.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.