Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo, visitaron as obras realizadas na rúa Casilla para a mellora da interseción peonil frente a rúa Xesús Pousa, a mellora do firme deteriorado e a canalización da auga, e que contan cun orzamento base de 52.388´84 euros.

Obxetivos do Proxecto

  1. Mellora da intersección peonil frente a rúa Xesús Pousa.
  2. Mellora do firme deteriorado.
  3. Canalización da auga.
  4. Favorecer un tránsito máis seguro.

Actuacións a executar

  • Saneo da franxa deteriorada na marxe sur da rúa da Casilla.
  • Mellora do firme existente na rúa da Casilla e entronque inicial coa rúa Chavasqueira, mediante barrido da superficie, a aplicación dunha rega de adherencia e a extensión dunha nova capa de rodadura.
  • Reparación do firme na segunda intersección coa rúa Chavasqueira, mediante demolición do pavimento existente e a execución dunha nova sección.
  • Efectuouse unha previsión de fresado do firme existente no entronque inicial coa rúa Xesús Pousa e tamén no entroque final co camiño San Paio, para mellorar o “cosido” na xunta co pavimento de formingón existente. (en ningún dos casos se modificará a cota actual da rasante)
  • Demolición e reconstrución da soleira de formigón existente fronte á edificación existente na marxe esquerda, no treito inicial da rúa.
  • Execución de sendas canaletas de formigón nos entronques coas rúas Xesús Pousa e Chavasqueira, para a recollida de augas de escorrenta no treito inicial, e conexión coa rede de saneamento municipal existente.
  • Execución dunha cuneta lateral de formigón na marxe esquerda e rematada contra o firme á nova cota da rasante, para a canalización de augas de escorrenta na segunda metade da rúa, e cruce de augas hacia a marxe dereita.
  • Execución de rebaixes nas beirarrúas no paso de peóns situado no entronque coa rúa Xesús Pousa, e franxa de pavimento acanalado con dimensións que cumpran a normativa vixente da accesibilidade. Para elo será preciso ampliar a beirarrúa que descende pola rúa Xesús Pousa na zona curva da intersección. O pavimento dos novos treitos de beirarrúa a construir debe ser coherente co existente na actualidade. Os bordillos rebaixados no paso non levantarán máis de 1 cm respecto á cota do pavimento.
  • Pintado de marcas viais tanto ao longo da rúa como no paso de peóns do entronque coa rúa Xesús Pousa, e colocación de sinalización vertical axeitada.
  • Dótanse partidas para a xestión dos residuos de construción e demolición xerados durante as obras, segundo o estudo incluído no Anexo VII.
  • Contémplase unha partida alzada para a adopción das medidas oportunas relativas á seguridade e saúde durnate as obras, segundo os criterios expostos no Estudo Básico de Seguridade e Saúde.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.