Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Sanidade, leva a cabo o programa Escolle, unha actividade preventiva e de formación dirixido aos mozos e mozas menores de idade con denuncias por consumo de alcol en lugares públicos. “Trátase dunha alternativa á sanción económica, pero tamén de inculcarlles valores positivos e aumentar a percepción de risco asociado ao consumo de alcol”, en palabras da concelleira Sofía Godoy.

Este programa realízase ao abeiro dunha lei autonómica que recolle a prohibición expresa do consumo de bebidas alcohólicas e as infraccións pertinentes, de 300 euros, das que se ocupa a Policía Autonómica. Con todo, o programa Escolle posibilita a substitución das sancións económicas: “O infractor pode participar nun programa preventivo, que consiste na realización de servizos de interese comunitario e cursos de concienciación sobre o consumo de alcol”, di a titular de Sanidade de Ourense.

As actividades realízanse dentro dun contexto positivo e seguindo modelos de habilidades para a vida dun adolescente. As sesións preséntanse cunha estrutura flexible e aberta, e é compatible con actividades escolares. O seus obxectivos: “Mellorar a información e coñecementos dos mozos beneficiarios do programa sobre o alcol, os seus efectos, mitos e crenzas erróneas”, en palabras de Sofía Godoy. O programa Escolle tamén ofrece asesoramento especializado para as familias.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.