Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

A Concellería de Sanidade vén de abrir o prazo para anotarse nos cursos para embarazadas que se desenvolverán, debido á demanda existente, no mes de xullo.Os de Pilates serán os luns e os mércores en horario de 9:30 a 10:30 horas na Escola Municipal da Saúde da rúa Vasco da Ponte. As actividades acuáticas serán os martes e os xoves en horario de 11:00 a 12:00 horas no Pavillón dos Remedios. As interesadas deberán anotarse, gratuítamente, nas dependencias da Concellería de Sanidade, ben a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 988.510.622.

Polos obradoiros que desenvolveu a área de Sofía Godoy entre os meses de febreiro e xuño deste ano -Pilates, Ioga e Actividades acuáticas, que se clausuran entre o 28 e 29 de xuño pasaron un total de 150 embarazadas con máis de 3 meses de xestación.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.