Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense, a través do departamento de Sanidade, organiza unha nova edición do Curso Hixiene e Seguridade alimentaria: Manipulación de alimentos, enmarcada nas actividades do Programa Boas Prácticas Alimentarias e Prevención Activa da Obesidade 2017. O curso, que se celebrará o vindeiro 16 de maio na Aula Municipal de Cociña (rúa Vasco da Ponte) está aberto para todas as persoas interesadas que estean empadroadas no Concello de Ourense, e para anotarse -a actividade é gratuíta- haberá que facelo a través do Rexistro Xeral do Concello de Ourense.

O departamento que dirixe Sofía Godoy celebrará, igualmente, un Curso de Manipulación de Alimentos dirixido ás persoas con discapacidade (integrantes da asociación ADO) os vindeiros 9, 10 e 11 de maio en horario de 10:00 a 13:00 horas. Os asistentes ao curso terán clases presenciais e unha visita ao mercado de Abastos para comprar alimentos o día 10.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.