Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

A Concellería de Sanidade ten aberto ata o próximo martes, 21 de marzo o prazo de presentación de traballos para o Segundo Concurso Fotográfico Mascotas Adoptadas, unha iniciativa aberta a calquera persoa maior de 18 anos que adoptase un animal no albergue municipal.

Cada concursante poderá presentar un máximo de 2 fotografías, que se entregarán en papel fotográfico sen ningún tipo de montaxe e nun formato aproximado de 20x30cm, cun pseudónimo ou lema no dorso, e en soporte informático. Deberán ser orixinaiis, non estar á espera de decisión do xurado ou premiadas noutros concursos ou certames.

Requisitos

O tema principal será a adopción de mascotas, preferíndose as adoptadas no albergue municipal de Ourense. O obxectivo é potenciar esa actividade para darlle maior calidade de vida aos animais. Nas fotos deberá aparecer o animal adoptado

As obras remitiránse por correo certificado, por axencia ou en man ao Concello de Ourense, na Praza Maior, s/n. 32.005. Ourense, a través do Rexistro Xeral, nun sobre pechado coa única indicación de II Concurso Fotografía Concello de Ourense. MASCOTAS ADOPTADAS RESPONSABLEMENTE 2016.

Dentro do sobre irán as fotografías co seu lema e o CD. Noutro sobre pechado deberán figurar os datos: nome e apelidos, enderezo, código postal, municipio, provincia, país, teléfono de contacto, e-mail, fotocopia do DNI, declaración asinada do autor/a de conformidade coas bases, declaración coa cesión de dereitos de imaxe e folla que acredite a adopción do animal no albergue municipal.

O certame está dotado con dous premios: de 500 e 200 euros, e catro accésits, de 70 euros cada un. Os premios en metálico serán doados polos gañadores a unha asociación legalmente constituida e con enderezo en Ourense adicados a protección de animais .

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.