Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello actuou na praza de Bispo Cesáreo realizando unha tala preventiva de árbores logo da caída dun exemplar a noite do 24 de agosto. Por motivos de seguridade para as persoas, 10 árbores foron talladas durante a mañá, e a previsión dos técnicos é facer o propio con outras seis unidades ao longo da vindeira semana. Posteriormente realizarase unha poda de seguridade nas árbores que presenten pólas secas para evitar riscos sobre as persoas e as cousas. Ao igual que ocorreu na praza de San Marcial, realizarase un estudo para a substitución paulatina das especies arbóreas.

O Concello agarda polos informes técnicos sobre o estado de saúde das árbores na totalidade dos puntos da cidade. A prioridade é establecer unha política que combine criterios de sustentabilidade ambiental e deseño urbano para unha óptima xestión arbórea municipal e fomentar políticas de prevención e mantemento activo da masa verde na cidade.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.