Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Na Xunta de Área de Medio Ambiente, o concelleiro delegado, José Araújo, propúxolle aos membros dos grupos políticos planear modificacións conxuntas á ordenanza de Limpeza, co fin de actualizar normativa vixente, aprobada o 9 de marzo de 1995.

Así, José Araújo fíxolles un chamamento á participación construtiva, facéndolles entrega dunha copia da ordenanza vixente, co fin de recabar propostas coas que poder consensuar unha modificación nesta normativa, que terá que ser aprobada en pleno. O obxectivo primordial é adaptar os servizos de limpeza aos usos e horarios actuais, toda vez que tras diversas reunións coa empresa de Limpeza, Ecourense, se manifestara que nalgunhas zonas os horarios estipulados para a recollida non é acorde cos usos sociais, como é no caso da tempada estival, na que a xente está máis na rúa.

José Araújo explica que “desde o Goberno Municipal queremos contar coa oposición para mellorar esta cidade, articulando mecanismos que consigan optimizar a limpeza partindo dun consenso común, algo que repercutirá nos beneficios dos nosos veciños”

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.