Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello agradece á Xunta a súa sensibilidade co Plan de Sendas de Galicia, trala reunión mantida o 3 de maio co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, e o concelleiro de Infraestruturas e Medio Ambiente, José Araújo, na que lles trasladou que  o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a licitación da redacción do proxecto de construción das sendas peonís e ciclistas na comarca de Ourense.

O contrato, cun prazo de execución de 12 meses, consta dun orzamento de preto de 227.000 euros.

O concelleiro de Medio Ambiente e Mobilidade, José Araújo, expresou este agradecemento por considerar que “o anuncio realizado  coa licitación destes proxectos veñen a complementar o Plan de Mobilidade que estamos tratando de consensuar cos grupos políticos para facer de Ourense unha cidade máis saudable e con mellor calidade de vida”

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.