Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense está a planificar as actividades que se desenvolverán no Botánico de Montealegre. Así, estanse a producir reunións de traballo entre os técnicos da Concellería de Medio Ambiente e a empresa Xesmega, ganadora do concurso da xestión do Centro de Visitantes Montealegre desde o 7 de abril.

Cabe lembrar que neste enclave realízanse actividades e visitas guiadas (martes a viernes ás 18 horas) , que nos sábados, domingos e festivos, son ás 12 e 18 horas. O horario de apertura do Montealegre é de martes a domingo de 10 a 20 horas e desde maio ata as 21 horas.

A empresa Xesmega está traballando no programa de educación ambiental para o próximo trimestre, actividades infantís e para adultos. “Presentaranse nos vindeiros días, e temos a confianza de que terán o éxito que se acadou noutras edicións”, sinala o concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo. “Confiamos en que todo o mundo coñeza e disfrute desta magnífica instalación e desta xoia da natureza que temos no Montealegre”.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.