Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense creará e instalará máis parques caninos na cidade. O concelleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas, José Araújo, explicou no Pleno a planificación do goberno municipal en canto á planificacdión e creación destes enclaves en diferentes barrios da cidade.

Coñecedores desta demanda social, os parques caninos son demandados tanto polas persoas propietarias de mascotas como polas persoas que non o son, solicitando en ambos casos que, se habiliten espazos nos que os cans podan correr, xogar e socializar dun xeito seguro e sen causar molestias ao resto dos cidadáns.

José Araújo explicou que ao longo do ano 2016, desde a Concellería de Medio Ambiente traballouse na procura dos lugares máis axeitados para a instalación de parques caninos, co fin último de construír una rede de parques caninos e zonas habilitadas para a solta de cans ao longo de Ourense, onde os propietarios de cans podan levar as súas mascotas.

Requisitos para os parques caninos

Para establecer as posibles localizacións dos parques caninos e as zonas de habilitadas para a solta de cans tivéronse en conta, entre outros, os seguintes aspectos:

  • Potenciar e fomentar unha sa convivencia veciñal sen prexudicar o dereito dos propietarios a pasear as súas mascotas.
  • Minimizar as molestias aos veciños no relativo aos ruídos e olores.
  • Contar cunha superficie axeitada ás necesidades de lecer e socialización dos cans.
  • Por en valor zonas infrautilizadas ou sobre as quenon existan outros usos ou elementos.
  • Permitir crear unha rede de parques caninos e zonashabilitadas para a solta que dean servizo ao maior número de mascotas posibles.
  • Dar cobertura as necesidades das mascotas.
  • Incorporar as suxestións obtidas das reunións mantidas con persoas propietarias de cans e persoas da Asociación de Propietarios de Mascotas Ourensanas.
  • Cumprir con toda a lexislación e normativa sectorial vixente.

 

Ubicacións

En base a estes aspectos e ao estudo da cartografía municipal xurdiron 16 posibles zonas susceptiblesde albergar parques caninos ou ser habilitadas como zonas de solta:

  1. A Ponte, Parque do Peco na rúa Xosé Luis López Cid.
  2. A Ponte, Parque tras estación de autobuses.
  3. O Polvorín, Zona Verde na rúa do Polvorín.
  4. Mariñamansa, terreos propiedade municipal tras gasolineira.
  5. Parque do A6.
  6. Milagrosa, zona verde por riba do cemiterio.
  7. Parque da Pradería de Salesianos ao carón da Pont e Romana.
  8. Vistahermosa, terreos propiedade municipal na rúa do Bispo Lourenzo).
  9. Parque do 21, Parque comprendido entre a Rúa 21 a vía do ferrocarril e a rúa Canella de abaixo (ao carón do Sexto Instituto)
  10. Santa Teresita, tras igrexa.
  11. Covadonga, terreos propiedade municipal.
  12. Zona Centro, Noriega Varela, a carón da vía do tren.
  13. Residencia, terreos propiedade municipal nas traseiras de Ramón Puga.
  14. San Francisco, cruce da rúa Serra de Queixa coarúa Peña Trevinca.
  15. As Lagoas, zona verde da rúa Díaz de la Banda.
  16. A Carballeira, Parque da Praza de la Legión.

De todas estas zonas escolleuse unha como a máis axeitada para iniciar esta nova Rede: o parque deSanta Teresita, no barrio de A Ponte.

As novas instalacións contarán con:

  • Valado de 1,50m de altura para evitar fugas dos cans.
  • Portas.
  • Bancos.
  • Papeleiras.
  • Bebedeiros.
  • Xogos específicos para cans: Balancín, empalizada, salto de altura, salto de lonxitude, mesa, rueda, slalom, túnel e pasarela.
  • Carteis coas normas xerais de uso do parque.
  • Carteis específicos para cada un dos xogos.

O orzamento do parque canino ascende a 19.177,85 euros.

En primeira instancia acometerase a creación deste Parque Canino de Santa Teresita, parque que servirá como modelo para o desenvolvemento dos sucesivos parques en base a experiencia nel adquirida.

O parque estará dividido en dúas zonas independentes e separadas, unha para cans de menos de 20 Kg e utra o para cans de máis de 20 Kg, ambas contarán cos mesmos elementos (valado, porta independente, xogos para cans, papeleiras, bebedeiros, etc…).

A zona para cans de menos de 20 kilos terá unha superficie de 240 m2 e a de máis de 20 kilos rondará os 510 m2 aproximadamente. Ambas zonas limitarán co cerramento do parque polo lateral leste, e terán forma cuadrangular.

Manterase o céspede actual como terminación da superficie e se aproveitará o sistema de rega por aspersión existente facendo pequenas modificacións para poder instalar o valado, e os xogos para cans.

Dotacións na actualidade

Con relación a afirmación da "existencia dun único parque deste tipo para toda a cidade”, José Araújo indicou que, na actualidade existen na cidade os seguintes espazos habilitados de forma específica para a solta de cans:

  1. Parque da Pradería de Salesianos ao carón da Ponte Romana.
  2. Parque de Santa Teresita, tras igrexa.
  3. Parque do Peco na rúa Xosé Luis López Cid.
  4. Parque comprendido entre a Rúa 21 a vía do ferrocarril e a rúa Canella de abaixo (ao carón do Sexto Instituto)
  5. Parque da Praza de la Legión.

Segundo explicou José Araújo, algúns destes parques precisan de melloras. Puxo tamén en valor a mellora acometida recientemente no parque de Salesianos nos últimos meses, onde se realizou un novo valado, outorgándolle maior seguridade.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.