Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello pon enriba da mesa as dúas solucións posibles, técnicamente, para o arranxo dos contenedores soterrados. Así se puxo de manifesto na xunta de área celebrada o 28 de marzo.

O concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo, deulle entrega aos grupos políticos da documentación técnica e valoración económica de ambas alternativas: poñelos en funcionamento con arranxos acorde aos mínimos legais esixibles (367.873,16 euros) ou ben poñelos en funcionamento coa substitución completa dos mecanismos para recollida selectiva, así como o arranxo dos restantes (1.028.280,93 euros).

José Araújo sinala que “estamos ante un problema que ven de lonxe e queremos arranxalo canto antes. Agora é preciso que os grupos políticos se decanten sobre a alternativa que estarían dispostos a apoiar para solventar esta situación. O obxectivo primordial deste Goberno Municipal é arranxar os contenedores soterrados, e a decisión está en man de todos. Precisamos dos votos precisos para tomar unha decisión firme”.

 

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.