Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense está a dar cumprimento a unha histórica reivindicación dos veciños de Santa Cruz de Arrabaldo: o acondicionamento do camiño que une o núcleo de Os Campos coa estrada N-120.

Os traballos, que están a ser executados pola empresa Coviastet e contan cun orzamento de 45.533,20 euros, prolongaranse ata mediados do mes de agosto, segundo o prazo de execución da obra e as previsións da empresa.

O alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo, comprobaron in situ o inicio destes traballos, destinados a mellorar o acceso rodado nesta parroquia rural da cidade.

“É unha satisfacción poder dar solución a unha demanda veciñal que levaban anos reclamando e que poderá mellorar significativamente a accesibilidade e movilidade no núcleo de Os Campos, en Santa Cruz de Arrabaldo”, sinala o alcalde, Jesús Vázquez.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.