Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense e os responsables de ADIF traballan de xeito conxunto e coordinado para redactar os proxectos que sirvan para mellorar a ponte de Tarascón e o paso de Ramón Puga.

Tal e como lembra o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo, ambas as dúas actuacións responden á demanda do Concello de Ourense, que acadou o compromiso do Ministerio de Fomento, para mellorar a accesibilidade nestes núcleos. No que respecta a Tarascón, o único acceso a este barrio é a través dunha ponte sobre o tecido ferroviario que precisa unha remodelación. Asemande, o paso de Ramón Puga, que dá acceso a Barrocás, resulta tamén estreito e con escasa seguridade para os peóns.

"Existía o compromiso do Goberno Central de redactar os proxectos para unha mellor accesibilidade, e nestes días xa mantivemos reunións os técnicos municipais co responsable de Pasos a Nivel de ADIF, Francisco Soto del Río; e con Joaquín Ferreira, representante da empresa de enxeñaría encargada de redactar os devanditos proxectos", recalca José Araújo.

O concelleiro de Infraestruturas valora que "este mes de abril continúa a ser fructífero para o Concello, onde xa puidemos comprobar o avance das obras do Arquivo, o remate das da Biblioteca e o compromiso de reactivación dos traballos no Museo Arqueolóxico. Con estas reunións a prol dos veciños de Tarascón e Barrocás seguimos dando pasos para acadar o cumprimento dos compromisos adquiridos co Goberno Central".

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.