Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

A cidade de Ourense celebra o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, cun amplo programa de actividades, baixo o lema Móllate pola Igualdade. A diversidade e os coidados non teñen xénero, que se desenvolverán desde o día 8 ata o 14 de marzo. Charla-coloquio sobre mulleres con traxectorias destacadas en diferentes ámbitos, mesa redonda sobre muller, vida activa e deporte, cine coa proxección da película “Os fenómenos”, actividades deportivas, algunhas solidarias, lectura de comunicados e entrega do Premio Clara Campoamor son algunhas das actividades programadas, que se complementarán con accións de rúa e márqueting en establecementos comerciais e hostaleiros da cidade.

“Móllate pola igualdade” pretende ser unha campaña conceptual, moderna, de doada comprensión e con impacto, que perseugue promover unha reflexión sobre a necesidade de implicarnos todos e todas na busca da igualdade real entre mulleres e homes, xa que a igualdade non ten xénero

Actividades

As actividades están organizadas polo Concello ce Ourense coa colaboración de Cineclube Padre Feijóo, Asociación de Mulleres Empresarias, Liceo de Ourense e BeOne

8 de marzo:

11:00 horas. Beone Eiroás. Masterclass Zumba

12:30 horas. Salón de plenos. Acto institucional de lectura de comunicado do Día das Mulleres.

20:00 horas. Liceo. Acto de entrega do XI Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes Julián Pardinas, fiscal delegado de Violencia de Xénero en Ourense, pola súa traxectoria no ámbito do servizo contra a violencia de xénero.

 

9 de marzo:

11:00 horas e 20:30 horas, en BeOne Eiroás. Masterclass Aquagym.

20,30 horas, Café Plaza. Charla-coloquio: “Vivencias: superando o insuperable”, na que participarán mulleres con traxectorias vitais destacables compo emprendedoras ou escritoras, que relatarán súas experiencias: Laura Jones, presidenta-socia da cooperativa QNecesitas, Mónica Fernández Pintos, empresaria xerente de Prink, Emma Noriega xerente de Rei mago dime tú e Natalia Sanchidrián, coach e autora do libro “Voando alto”.

 

10 de marzo:

20:30 horas. Centro cívico Colón. Mesa redonda: Muller, vida activa e deporte

 

11 de marzo:

9:30 a 21:30 horas. Beone Eiroás. “12 horas pedaleando sen parar pola igualdade”. Recadarase 1 euro por quilómetro a prol da Fundación Amaranta, organización privada, sen ánimo de lucro que ten como finalidade favorecer a integración persoal e incorporación social de mulleres e adolescentes afectadas pola prostitución e outras situacións de exclusión.

 

12 de marzo:

11:00 a 12:00 horas. Campo de fútbol de Eiroás “Be-hit 60 superando barreiras”.

 

14 de marzo:

20:30 horas. Biblioteca Pública. Proxección da película Os fenómenos (2014, Alfonso Zarauza), gañadora de 4 Premios Mestre Mateo, nun acto no que intervirán o director e a coguionista da película Jaionene Camborda

Unha muller que vive desde hai tres anos nunha furgoneta aparcada na costa de Almería ce como a súa parella desaparece precisamente o día en que ía empezar a traballar. Recolle os seus enseres, regresa co seu bebé ao seu pobo natal, Ferrol. Ao principio, ten enormes dificultades para atopar traballo, pero acaba conseguindo un posto de peón de albanel. Superada con coraxe a dureza do oficio, pronto a súa cuadrilla empeza a destacar entre as demais pola súa extraordinaria capacidade de traballo.

 

Accións de rúa

O concello divulgará a campaña con publicidade en medios de comunicación, cartelería, cubos informativos no centro da cidade e traseiras de autobús para acadar a máxima visibilidade.

Tamén realizará accións de márqueting directo, que consistirán no reparto de pegatinas con mensaxes de concienciación de que a igualdade é cousa de todos.

Neste caso será en establecementos da cidade que teñan servizos de uso público. Nas portas dos servizos para homes colocaranse adhesivos que convidan á reflexión de que as necesidades básicas e o coidado das persoas, -concretamente nesta acción ás das que padecen discapacidade e os bebés- non teñen xénero.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.