Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Unha campaña que se articulou en torno a descontos especiais de Renfe nos viaxes cara Ourense como destino turístico de calidade e co outono como principal atractivo, aunando gastronomía, cultura, patrimonio e termalismo. Asemade, a campaña online desta acción rexistrou máis dun millón de visitas.


Durante esta Asemblea, ademais de repasar o que está supoñendo este 2016 para a Rede, presentáronse as accións que se levarán a cabo nestas últimas semanas do ano.

O obxectivo principal do plan de acción para o 2017 é dar notoriedade aos destinos e cidades membro, así como aos produtos turísticos da Rede asociados a estes destinos. Así, desenvolverase unha campaña publicitaria off e online coa que reforzar a imaxe da Rede e atraer a novos visitantes ás cidades. Están previstas accións publicitarias vinculadas a Logitravel e a Renfe Viaxes, así como campañas de mupis en destinos da Rede e en estacións de tren e trens de Renfe.

Rede de Cidades AVE


A Rede de Cidades AVE é a asociación de destinos turísticos de España conectados pola Alta Velocidade que nace co obxectivo de promocionar as cidades que a integran baixo unha estratexia común, así como os seus dous produtos: o Renfe Spain Pass e Avexperience. Na actualidade, a Rede de Cidades AVE está constituída polas cidades de Alicante, Antequera, Barcelona, Calatayud, Ciudad Real, Córdoba, Cuenca, Lleida, Madrid, Málaga, Ourense, Puertollano, Segovia, Sevilla, Tarragona, Toledo, Valencia, Valladolid, Villanueva de Córdoba, Villena, Zamora e Zaragoza.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.