Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O 8 de novembro finaliza o prazo para que persoas desempregadas de Ourense poidan apuntarse á próxima Lanzadeira de Emprego que funcionará na cidade. Servirá para axudar a 20 persoas desempregadas a optimizar a súa procura de traballo e contar con novas posibilidades de inserción laboral. O programa está impulsado por Fundación Santa María a Real, Fundación Telefónica e o Concello. Para iso, contan co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, dentro do programa operativo POISES.

As persoas interesadas poden apuntarse ao programa, de carácter voluntario e gratuíto, na páxina web do programa Lanzadeiras, no Centro de Iniciativas Empresariais e a Oficina de Atención Cidadá.

A próxima Lanzadeira de Emprego de Ourense será a terceira que funcione na cidade tras as dúas anteriores edicións celebradas en 2016, con bos resultados, cun balance de inserción laboral do 60%.

Comezará a funcionar a finais de novembro e servirá para axudar a 20 persoas desempregadas a mellorar as súas competencias profesionais e adestrar unha nova procura de traballo en equipo, acorde ás novas características do mercado laboral actual.

Destinatarios e requisitos

O III Lanzadeira de Emprego de Ourense irá destinada a 20 mozos desempregados, menores de 35 anos. No entanto, se as 20 prazas non se cobren con estes perfís, se reserva a posibilidade de que cinco poidan destinarse a persoas de maior idade, ata os 59 anos. Poderán ter calquera nivel formativo (ESO, Formación Profesional, Bacharelato, así como diplomaturas ou licenciaturas universitarias) e proceder de calquera sector laboral, teñan ou non experiencia previa.

Prazo e modo de inscrición

As persoas interesadas en participar no programa, de carácter gratuíto e voluntario, dispoñen ata o 8 de novembro para inscribirse a través da web de Lanzadeiras (http://www.lanzaderasdeempleo.es/formulario-de-inscripcion) ou en formato presencial, solicitando e presentando o correspondente formulario no Centro de Iniciativas Empresariais (Rúa Pai Feijoo, 1ª), en horario de 8 a 15 horas; ou na Oficina de Atención Cidadá (Concello, Praza Maior, 1), en horario de 9 a 14 e de 16 a 20 horas.

Que farán na Lanzadeira?

As 20 persoas que resulten seleccionadas, reuniranse varios días á semana en locais cedidos gratuitamente polo Concello de Ourense. Coa guía e orientación dun técnico especializado levarán a cabo diversas actividades para optimizar a súa procura de traballo: talleres de autoconocimiento e intelixencia emocional, dinámicas de comunicación, marca persoal e procura de emprego 2.0; adestramento de entrevistas persoais; elaboración de mapas de empregabilidade e visitas a empresas.

Ferramenta eficaz

Desde a Fundación Santa María a Real explican que a lanzadeira non é un mero curso para actualizar o currículo, nin unha axencia de colocación onde se dea traballo aos participantes. É un programa intensivo de cinco meses para axudar a persoas desempregadas a activar e optimizar a súa procura de traballo no mercado actual, con novas técnicas que lles permiten gañar confianza e seguridade nas entrevistas, e con novas actividades que lles achegan ao tecido empresarial. Con esta metodoloxía han funciona xa máis de 400 lanzadeiras no país durante o últimos catro anos, con máis de 8.000 participantes e unha media de inserción laboral do 60%.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.