Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense e Viaqua abren, a partir das 9:00 horas do martes 9 de maio e via online, o prazo para anotarse na segunda edición do programa educativo Arquimakers, Crear para Pensar. Coa auga como fío condutor do proxecto, quérese fomentar a creatividade infantil a través do vídeoxogo Minecraft, co que poderán aprender a crear as cidades do futuro de forma dixital. Os alumnos deberán ir solucionando os diferentes problemas e retos que lles vaian xurdindo, e tamén os que se lles vaian propoñendo, sen alonxarse de aspectos coma a co-responsabilidade, a sustentabilidade e o traballo. Fronte o 'pensar para crear', fomentarase o 'crear para pensar'.

Con Arquimakers II os cativos converteranse en exploradores, emprendedores e arquitectos creativos: soñarán, crearán e construirán as cidades do futuro, no espazo, no mar, no centro da Terra, no interior dunha árbore, e nos lugares onde os leve a súa exploración e creatividade.

No proxecto traballarán cunha metodoloxía baseada en cinco variables da aprendizaxe: a de proxectos -participación activa dos alumnos para fortalecer as súas habilidades-; a natural, -aprender facendo-; a creativa -novas ferramentas que lles permitan avanzar na corresponsabilidade, liderado, empatia e traballo en equipo-; o storytelling -contar a súa experiencia, como se leva transmitindo o coñecemento de forma oral durante séculos-; e a gamificación, aprender xogando, a través da ferramenta de Minecraft.

O curso desenvolverase en La Molinera os mércores de 18.00 a 19.30 horas. Xunto con Team Makers, de Robótica Educativa, e co programa RE-CREANDO, converte os mércores e os venres pola tarde, no punto de encontro dos pequenos da familia na Molinera.

Toda a información sobre cursos e actividades do centro de coñecemento, no espazo web de La Molinera.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.