Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Un total de 30 alumnos de 3º ESO do IES Blanco Amor participaron, nunha xornada de traballo, dentro das actividades do I Plan de Infancia e Adolescencia do concello de Ourense, na que reflexionaron sobre as debilidades, fortalezas e melloras que farían na nosa cidade en relación con determinadas áreas: lecer, cultura e tempo libre; educación; medio ambiente e urbanismo; saúde e actividade física; benestar social e familia; equidade e diversidade.

Foron os aspectos sobre os que traballaron os alumnos dentro do seu horario lectivo. Ao acto acudiron as concelleiras de Educación, Belén Iglesias, e Asuntos Sociais, Sofía Godoy.

Logo desta reflexión, os alumnos serán recibidos no salón de plenos polo alcalde da cidade, Jesús Vázquez, a quen lle transmitirán o resultado do traballo e, en definitiva, a visión que teñen os rapaces e rapazas da súa cidade a través de seis intervencións, unha por cada área de traballo relacionada anteriormente.

Documento global e estratéxico

O Concello de Ourense vén traballando na elaboración do I Plan de infancia e adolescencia do municipio, un documento global e estratéxico e que nace no compromiso de promover os dereitos da infancia no marco do establecido na Convención de Dereitos do neno aprobada en 1989, norma que involucra os gobernos na aplicación de políticas necesarias para garantir estes dereitos.

Así, abriuse un proceso participativo no que se lle deu voz á cidadanía en xeral e, de modo particular, aos nenos, nenas e adolescentes como suxeitos activos de dereitos, na procura de que estes últimos adopten unha actitude protagonista. Trátase, en definitiva, de ter en conta a súa visión da cidade e que poidan realizar propostas de actuación para mellorar a situación da infancia e da adolescencia no Concello de Ourense.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.