Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

A Concellería de Educación organizará este luns, 2 representacións da obra de teatro “Sleepy Hollow”, versión íntegramente en inglés do relato do escritor norteamericano Washington Irving (1783-1859). Un total de 1.050 alumnos e alumnas de Sexcundaria de 17 centros de ensino da cidade achegaranse ao Auditorio para gozar das actuacións, que comezarán ás 10.00 e 12.00h.

A Concellería de Educación retoma esta actividade, moi demandada polo profesorado de inglés, apostando sempre por un autor ou autora clásicos da literatura inglesa ou norteamericana.

O Concello aposta por este tipo de actividades como complemento ideal para o programa de bilingüismo escolar nos centros de ensino de alumnos dos diferentes ciclos. De feito, ademais desta representación en lingua inglesa para secundaria haberá outra no mes de maio para educación infantil e primaria, sen esquecer outra lingua importante na educación hoxe en día como é o francés, xa que no mes de marzo tamén haberá dúas representacións didácticas de “O Misántropo” de Moliére”.

Este programa de teatro en distintas linguas non estaría completo sen un traballo previo por parte do docente que ten a súa disposición desde o principio do curso escolar moitos e variados recursos educativos que incluén actividades e cancións relacionadas co vocabulario e o contido das obras para un mellor aproveitamento das saídas escolares.

Os obxectivos a conseguir coa realización deste tipo de actividades son utilizar o teatro como ferramenta lúdica e pedagóxica para estimular alumnos e alumnas no aprendizaxe da lingua inglesa e francesa e tamén dar a coñecer a vida e obra de famosos escritores e escritoras clásicos.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.