Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Consello Municipal de Deportes de Ourense, no seu empeño por fomentar e promocionar o deporte de base, presenta a súa participación no I Torneo Eixo Atlántico de Taekwondo, que se vai a celebrar no Centro de Alto Rendemento de Gaia (Portugal) os días 21 e 22 de outubro de 2017.

A delegación ourensá estará representada por 8 deportistas, 2 adestradores e 1 árbitro. Os deportistas, nados en 2004 son: María Ferreiro Domínguez, Fátima Martínez Fernández, Ainoha García Rodríguez, Julián Feijóo Gómez, Julio Iglesias Doval, Martín Conde Abad, Breogán Sanmartín Bolaño e María González Nóvoa. Os adestradores, Tito González e Iván Branco, e a árbitro Antía García Rodríguez, acompañarán aos deportistas neste torneo que consistirá nunha proba de combates disputada no formato de combate olímpico con dez categorías de peso nas escalas de cadetes e junior, segundo as regras da Federación Portuguesa de Taekwondo, e en modelo de eliminacións simples.

Eixo Atlántico

Esta participación supón unha nova aposta da Delegación Ourensán neste tipo de eventos. O pasado mes de xullo xa participou nos XII Xogos do Eixo Atlántico, organizados nos municipios de Lugo, Monforte de Lemos e Sarria, cun número de 114 deportistas, nados do 2001 ao 2004, de diferentes modalidades deportivas, como fútbol-7, baloncesto masculino e feminino, natación, atletismo en ruta e pista, atletismo adaptado, ximnasia rítmica, balonmán masculino e voleibol feminino.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.