Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Consello Municipal de Deportes presentou  as finais do Campionato Galego de Boxeo, unha cita que terá lugar este sábado ás 20:00 horas na cancha central do Pavillón dos Remedios de Ourense. Logo de varias xornadas de clasificación, os púxiles galegos fóronse clasificando ata conseguir chegar á cita do sábado, segundo explicaron o concelleiro de Deportes, Mario Guede, e Manuel Míguez, do Club Olimpos, co organizador do evento.

Haberá clubs participantes clubes participantes procedentes da Coruña, Vigo, Tomiño Santiago de Compostela. Pero tamén estarán os ourensáns VBox e Club Olimpos. Este último será o club con maior representación nos campionatos, con tres finalistas: Manu Míguez "Junior" (na categoría de -64 quilos), Manuel Jiménez "Nono" (-75) e Ramón Quintas (-91). A representación ourensá complétase con Wilson Tabares (-60).

No evento realizarase, tamén unha pequena homenaxe ao finado actor ourensán Abelardo Pérez Gabriel, grande apaixonado do mundo do boxeo. O prezo da entrada será de 10 €.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.