Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense abrirá o balcón principal para que a cidadanía reciba o luns as campioas da Copa da Raíña de España 2017, o Envialia FSF. Ao tratarse dun logro deportivo de primeirísimo nivel, e logo de moitos anos sen que a Praza Maior vivise un acontecemento semellante, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, propúxolle ás integrantes do equipo esta posibilidade.

Así, no transcurso da recepción ás flamantes campioas de España que tivo lugar esta mañá, acordaron a data e hora as integrantes do equipo de fútbol sala co alcalde, Jesús Vázquez, quen recalcou que “o logro que acadastes é algo que debería contaxiar de alegría e ilusión a toda a cidade, e por eso o Concello ponse á vosa disposición para que poidades compartir o voso triunfo con todos os veciños e veciñas de Ourense”.

O Concello de Ourense convida á cidadanía o vindeiro luns, 19 de xuño, a Praza Maior, para dar a calurosa benvida ás integrantes do Envialia Fútbol Sala Feminino a partires das 20:00 horas, hora na que sairán a amosar a súa Copa da Raíña 2017 no balcón principal do Consistorio.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.