Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Os ourensáns poderán refrescarse, desde o sábado 10 de xuño, nas piscinas municipais de Oira. Logo dun investimento de 18.000 euros para o seu acondicionamento, as instalacións están aptas para a súa posta en marcha, segundo puideron comprobar, in situ, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de deportes, Mario Guede.

Entre as novidades que poderán atopar os usuarios está a rampa de acceso á zona de praia fluvial desde o nivel superior para cumprir a normativa de accesibilidade.

Porén, a calidade da auga estará garantida cos máis altos estándares de calidade logo de instalar un analizador continuo que realiza, de forma automática, un tratamento de auga. Desta forma, os niveles de cloro na auga estarán permanentemente regulados e haberá un redutor de PH automático en función dos niveles de cloro.

Así, non só se acondicionou a zona verde, abonándose todo o recinto desde a zona do merendeiro até as piscinas, senón que tamén houbo un rozado minucioso de todos os arbustos. Así mesmo, limpáronse os foxos das piscinas, substituíuse o gresite e realizouse un pintado das zonas comúns e dos vestiarios. No apartado mecánico, revisáronse todas as conexións eléctricas e de válvulas.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.