Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O pavillón anexo dos Remedios acollerá, o sábado 18 de marzo, o Campionato Galego de Kickboxing. Cunha participación de 50 persoas sumando as diferentes categorías e pesos, non só se decidirán os mellores deportistas da comunidade, senón tamén os representantes da delegación galega para o Campionato de España, que se celebrará no mes de xuño en Castela A Mancha.

“O campionato lucirá a nova imaxe do anexo, unha instalación que vén de ser completamente renovada e que estou de seguro que será o lugar ideal para esta cita”, aseguraba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, quen lembrou a “excelente saúde da que goza este deporte á vista do público congregado na gala de apoio a Simón González”.

Durante a presentación pública, no salón de plenos do Concello de Ourense, todos os presentes resaltaron a figura de Carlos Conde, introdutor desta modalidade na cidade.

A competición

As pesaxes comezarán ás 12:00 e 15:00 horas, e as finais a partires das 20:30 horas. O cerne da competición comezará ás 16:00 horas coas diferentes probas clasificatorias, e non será ata as 20:30 que comecen as finais. O prezo das entradas para última hora é de 10 euros, e tamén haberá unha parte solidaria: Recolleranse, ademais, alimentos e mantas achegados de forma solidaria para a protectora de animais PROGAPE.

Manuel Míguez, fillo, campión de Europa desta especialidade no último torneo celebrado en Portugal e cinco veces campión de Galicia, daba serias posibilidades aos deportistas de ourensáns, que competirán tanto en categoría masculina coma feminina.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.