Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

A Deputación de Ourense acolleu  a presentación de Ourencanto, unha iniciativa que pretende achegar o mundo coral a todos os mozos de 8 a 18 anos da cidade e da provincia de Ourense. Serán unhas xornadas de participación e convivencia, rematadas con un gran concerto no Auditorio Municipal de Ourense, baixo a direción artística do prestixioso director e compositor Josu Elberdin, quen arranxou, especialmente para Ourencanto, unha coñecida melodía galega, que será estreada no concerto de clausura.

En varias sesións de traballo, dinámicas e divertidas, faranse prácticas de canto coral coas cancións propostas para o encontro. As partituras serán enviadas antes ós participantes, para que estes teńan un coñecemento previo e o traballo sexa máis áxil e efectivo.

Ourencanto é posible grazas á colaboración institucional, entre o Concello de Ourense (a través da Concellería de Cultura) e da Deputación Provincial de Ourense. Precisamente, na presentación desta mañá participaron a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, e o vicepresidente primeiro da institución provincial, Rosendo Fernández, así como Carlos Núñez, organizador do certame.

Datas e lugar

O encontro celebrarase o 4 de febreiro no Conservatorio Profesional de Música e o 5 de febreiro no Auditorio Municipal de Música de Ourense. O concerto de clausura será o 5 de febreiro, ás 19 horas, no Auditorio Municipal de Ourense.

Por qué cantar nun coro?

Os participantes en Ourencanto farán novos amigos e disfrutarán da marabillosa experiencia de facer música en conxunto. Pero ademáis, comprobadas están as vantaxes de cantar nun coro. Está científicamente demostrado que cantar en grupo axuda a:

  • Tomar consciencia do seu propio corpo.
  • Respirar correctamente e osixenar os nosos órganos.
  • Aumentar a capacidade pulmonar e mellora-la circulación sanguínea.
  • Aumentar os niveis de cortisol e de oxitocina, hormona que, entre outras cousas, reforza a autoconfianza e o nivel de benestar persoal
  • Colocar a voz e a falar correctamente.
  • Mellorar a formación auditiva e a escoita atenta.
  • Desenvolver a sensibilidade e a creatividade.
  • Fomentar valores como a convivencia, a integración, a socialización e o respecto.
  • Fomentar a autoestima. É un bo antídoto contra a tensión e a depresión.
  • Conectar con outras culturas e outras línguas, ademáis da súa propia.
  • Aumentar as concentracións de inmunoglobina A (un anticorpo) e de cortisol (unha hormona antiestrés), fortalecendo o sistema inmunológico e mellorando trastornos do sono, ansiedade…
  • Escorrentar a soidade e mesmo pode chegar a actuar de escudo contra enfermidades dexenerativas.
  • Xenerar harmonía e benestar emocional.
  • Desenvolver a intelixencia.
  • Favorecer a aprendizaxe da linguaxe e das matemáticas.

 

Modalidades de participación en Ourencanto

  1. Coro infantil
  2. Coro xuvenil
  3. Coros escolares.

Tamén se poderá participar a título individual.

O director artístico de Ourencanto

Josu Elberdin, recoñecido director de coros e compositor. Nacido en 1976 en Pasaia, realiza os seus estudios musicais no Conservatorio de Grado Medio de Pasaia, onde obtén os títulos de profesor de Piano e Canto. É tamén diplomado en Educación Social pola UPV 1997. Dende o ano 2000 é profesor na Escola de Música Municipal de Pasaia, impartindo clases e conducindo o colaborando con varias agrupacións corais ou instrumentais. É ademais organista da Parroquia de Nuestra Señora del Carmen de Trintxerpe dende 1991. No eido da composición, cabe destacar a escritura de obras obligadas e encargadas por prestixiosos certames e coros internacionais para concursos o festivales como Tolosako Nazioarteko Abesbatzen Lehiaketa, Europa Cantat Junior, Simposium Coral Mundial de Argentina 2011, Quincena Musical de San Sebastián ou Musikaste. A súa música, moi centrada no ámbito infantil, é posta en escena frecuentemente co formato de conto musical. Ainda que as súas obras son de carácter eminentemente coral, conta cunha gran produción de obras de carácter sinfónico, pop-rock ou instrumental.

Recoñecemento oficial para mestres

Todos os profesores en centros docentes públicos da comunicade autónoma de Galicia que participen na preparación do repertorio aos seus alumnos e acudan con eles a Ourencanto recibirán un certificado de innovación educativa, outorgado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Trátase dun importante recoñecemento, que ten unha equivalencia en 12 horas de formación.

Máis información

Web oficial

Facebook

Twitter

Instagram

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.