Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense convida a todos os ourensáns a participar como xurados no concurso XXVII Concurso de Escaparates de Nadal, outorgando os seus votos ao seu escaparate favorito. Ata o día 30 de decembro poden acceder á páxina web da Concellería de Cultura www.ourensecultura.com/concursos e visualizar as fotografías dos escaparates que participan neste tradicional certame que convocan o Concello e a Cámara de Comercio. Cada persoa pode realizar un voto polo seu escaparate preferido. O premio do xurado popular está dotado con 100 euros.

Premios

O certame está dotado tamén con tres premios de: 800 euros, máis diploma; 600 euros, máis diploma e 400 euros, máis diploma.

Serán adxudicados por un xurado formado por representantes do Concello e da Cámara de Comercio e un profesional do mundo das artes, que visitarán os escaparates seleccionados a partir do luns.

O tema a desenvolver é o Nadal, deixando total liberdade no tocante a técnica e estilo, e valoraranse tres criterios: creatividade e orixinalidade; combinación de elementos e cores; iluminación e composición.

Hoteis e Balnearios CALDARIA outorgará tamén un premio para empresas participantes, consistente no sorteo dunha estancia para dúas persoas.

A relación de premiados farase pública nun acto oficial que terá lugar o día 4 de xaneiro ás 11.30 horas no salón de plenos do Concello de Ourense.

Participación

Enlace a http://www.ourensecultura.com/concursos

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.