Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

“O cine máis pequeño do mundo” iniciou esta mañá unha ruta polos barrios da cidade, que permitirá aos máis cativos desfrutar dunha selección de curtas cinematográficas no Nadal.

Esta mañá tivo lugar na rúa do Paseo a presentación da actividade, organizada polo Concello dentro do programa de actividades de Nadal “Ourense con luz propia”, e realizada por A caixiña dos mistos. Levará o cine de curta duración aos barrios da cidade, cunha coidada selección de curtametraxes de contido internacional, para nenos e nenas de 0 a 12 anos, que se proxectan dentro dunha caravana, de maneira ininterrumpida.

O cine máis pequeno do mundo conta ademais cun carriño expendedor de flocos de millo que fai a experiencia cinematográfica máis auténtica.

Citas coa Caixiña de Mistos

  • Esta semana. Comezou esta mañá na rúa do Paseo. Continuará esta tarde, de 17 a 20 horas en Barrocas, no Parque Angelita Paradela. Mañá, día 23, no Couto (Praza do Couto de 17 a 20 horas)
  • A semana próxima, dúas novas citas: O día 28, de 11 a 14 na Cuña (no exterior do Centro Cívico), o 29 na Ponte (Parque de San Rosendo, de 11 a 14 horas).
  • E a primeira semana de xaneiro, dúas citas máis: o día 4 en Seixalbo, na contorna do centro cívico, de 11 a 14 horas e o día 5, no Casco Vello, na Praza da Imprenta, de 11 a 14 horas.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.