Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense convoca un concurso para elixir o cartel anunciador das Festas do Entroido de Ourense 2018. Ate o mércores, 10 de xaneiro é posible presentar propostas para anunciar esta celebración emblemática do ciclo festivo ourensán, que este ano terá as súas datas centrais entre o 8 e o 13 de febreiro. A persoa autora do cartel elixido recibirá un premio de 800 euros.

Poderá concursar toda persoa física ou xurídica. Os traballos serán entregados a través do Rexistro Xeral do Concello nun sobre, onde figurará “Concurso carteis Entroido 2018” e debaixo un pseudónimo ou lema.

As bases pódense consultar integramente na web da Concellería de Cultura www.ourensecultura.com. Os carteis deberán de incluír o texto: “Ourense, Capital do Entroido”. As obras deberán ser inéditas e orixinais.

O cartel elixido será utilizado tamén como imaxe gráfica integrante dos anuncios na prensa escrita, carteis, mobiliario urbano publicitario, e outros elementos divulgativos que editará o Concello para promocionar o programa de actividades desta festa.

O xurado valorará o conxunto de creatividades tendo en conta a adecuación á temática, a orixinalidade e a calidade artística. O fallo farase público por comunicado oficial aos medios de comunicación e nas páxinas web do Concello e da Concellería de Cultura.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.