Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Máis de 250 persoas acompañarán ás Súas Maxestades Os Reis Magos este venres, 5 de xaneiro, no seu percorrido pola cidade de Ourense. Os Reis Magos chegarán un chisco antes das 18 horas á Estación de tren Ourense - Empalme. Unha vez alí, subirán as carrozas que os levarán polas rúas da cidade até a Praza Maior. Estarán acompañados por unha comitiva de máis de 250 persoas, entre persoal de organización, figuración, produción, etc.

A temática xeral ensinará os planetas e o sistema solar, que estarán inflados de helio, continuando coa campaña levada este ano na actividade de Animación á lectura do Concello de Ourense.

Este ano, o Concello reafírmase na aposta pola seguridade co valado perimetral por primeira vez en zonas como a Praza de Concepción Arenal, a rotonda de San Rosendo (Progreso con Concordia e Xoán XXIII) ou a zona da Alameda.

Tras saudar á veciñanza congregada na estación, a Cabalgata dos Reis Magos sairá en torno ás 18:15 horas da estación de tren para realizar o percorrido tradicional na cidade pola Avenida das Caldas, Ponte Vella, rúa Progreso, rúa Doutor Marañón para rematar na Praza Maior.

O paso da Cabalgata requirirá realizar os necesarios cortes de tráfico previos nas rúas adxacentes, polo que o Concello solicita a condutores e condutoras que desculpen as molestias e utilicen itinerarios alternativos.

Fogos artificiais

A tirada de fogos artificiais será ás 21:00 horas na ribeira do Miño.

O Concello de Ourense resérvase o dereito a comprobar a identidade do remitente antes de proceder a responder á mensaxe. Ao enviar a consulta, está aceptando a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal indicada na Nota Legal deste sitio web. Indicarlle que recibirá a consulta realizada na conta de correo electrónica indicada no formulario. Grazas pola súa colaboración.